1. |
Novas Herbas
04:28
|
|||
O amor que ten as mans sen atar
faime estar porén onde querería estar
En cen de cen non fun quen de mergullar
Era xeo aquel xel
Nese coma asentindo a sensentidos
e ata en cama algo zumba nos ouvidos
Nese coma, xa na lama dramas fuxidíos
Entendo ben, estoute a escoitar
Entendo ben
Seguen, seguen, novas herbas aparecen, seguen
Experiencias non ferven, seguen
O amor que ten as mans sen atar
faime estar con el e non co que falta
se tou no meio do que hai
Así como ven xa vai, e dunha xa foi
Seguen, seguen, novas herbas aparecen, seguen
Experiencias non ferven, seguen
|
||||
2. |
Un Conto
04:31
|
|||
Hoxe hai encontro na zona de comfort
hai ben de tempo que ese plan gostou
dan máis valor ao odio que ao amor
no libro pintan como heroe ao conquistador,
así foi
Envoltas no fume católico
cheira a masacre o seu rigor histórico
especialmente tóxico é nas aulas
Non é tan cómodo sabendo quen mentiu
dan máis valor ao odio que ao amor, viu?
Cal é o futuro ensinando así?
Tiven que desfacer o que aprendín
O mundo é ruff and tuff, I see
No identity for your land
Que non hai quen viva aillada
non importa como esteas de afastada
preciso dese matiz
no contraste é que aprendín
non é xusto, minha irmá, é inxusto
deixar de conhecer por non partilhar gustos
ao sentenciar, non escoitar
depois hai niveis, ha quen só sabe odiar
Envoltas no fume católico
cheira a masacre o seu rigor histórico
especialmente tóxico é nas aulas
Cal é o futuro ensinando así?
Tiven que desfacer o que aprendín
O mundo é ruff and tuff, I see
No identity for your land
Un conto dun imperio que saiu adiante
convertindo a vella Europa no máis importante
Seica arrasaron culturas e xente
Esa foi a súa semente
|
||||
3. |
Doado
03:09
|
|||
É doado, doado, contamínaste se bebes dun río contaminado
Non arrinques a flor, observala ten moito máis valor
Podes admitir que hai un final
ou nadar no cambio coma en auga termal
Partilhar o pan cando a fame é criminal ou
tratar a todo o mundo igual, ao final
É doado, doado, contamínaste se bebes dun río contaminado
Non arrinques a flor, observala ten moito máis valor
Humano crese o top top da natura
mais para a mai somos un virus e xa ten a cura
non conhezo peor ameaza para as criaturas
non conhezo quen abuse máis das xeracións futuras, digo
Afastándonos da esencia
Moito vai que descubrimos: non é supervivencia
Onde quedou a elegancia? soterrada por esa fea fragancia
Ves que non podo non berrar?
Ves que o silencio me fai tolear?
Que podo ir á cadea por falar ou mesmo por improvisar?
É doado, doado. Contamínaste se bebes dun río contaminado
Non arrinques a flor, observala ten moito máis valor
|
||||
4. |
Non Pertenzo
04:27
|
|||
Ah... é como que non pertenzo
Ah... fáiseme estrano este tempo
Desa auga choca non bebo
Somnífero elixir do demo
Vendes a ialma facendo cash, es trash
eu trafico rimas, crisantemos
E xa non hai retorno
Só o contorno de miles que axexan
Ta estourando ese forno
A estrutura treme e o futuro latexa
Ah... é como que non pertenzo
Ah... fáiseme estrano este tempo
Police police, protéxeme
Do sonho do inmigrante
financiamento apértame
afoga o importante
E xa non hai retorno
Só o contorno de miles que axexan
Ta estourando ese forno
A estrutura treme e o futuro latexa
Ah... é como que non pertenzo
Ah... fáiseme estrano este tempo
|
||||
5. |
Novas Herbas Dub
04:28
|
|||
6. |
Un Conto Dub
04:31
|
|||
7. |
Doado Dub
03:10
|
|||
8. |
Non Pertenzo Dub
04:28
|
Streaming and Download help
If you like Elephants e Paw - Novas Herbas, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp